Galiza, mein Land

Sen Categorizar Non hai comentarios

Leer o resto …

Perfiles baixos para dirixir Europa e paridade

Sen Categorizar Non hai comentarios

Barroso, Van Rompuy, Ashton…estes tres nomes van ser os dirixentes europeos con maior poder da Comisión Europea e o Consello. Uns nomeamentos no que xogan as bazas da xeografia, o peso dos Estados e os equilibros tácticos das familias políticas europeas. A xornada de onte pon en evidencia novamente o procedimento decisorio tan cuestionable e pouco democrático de elección destes representantes  imposto no novo tratado de Lisboa. Novos cargos elexidos, dun xeito tan pouco transparente e a porta pechada,  que fan coincidir aos analistas políticos e medios de comunicación na elección de perfiles baixos para unhas responsabilidades tan fortes.  De Van Rompuy, político democristiano flamengo dise que é hábil políticamente e xerador de consensos, moderador do conflicto valón-flamengo, que fixo provocar o consenso dos 27 estados membros en detrimento de candidatos como Blair, o holandés Jan Peter Balkenende ou a  ex presidenta letona Vaira Vike-Freiberga. O flamengo, vai ter que ocuparse como Presidente da Unión de presidir o Consello Europeo, que como ven sabedes, é a reunións dos Xefes de Estado europeos, de informar ao Parlamento Europeo e da representación internacional da UE. Seu perfil fai apuntar que vai ser un moderador  para atopar consensos entre 27 estados divididos que un verdadeiro líder “un gentelman sen coraxe e valentia,  democristiano practicante e monárquico en exercicio”, dime Günther Dauwen, flamengo de esquerdas  da ALE. Todo apunta que a parella política Merkel-Sarkozy querian por a fronte destes postos a dirixentes que  non lle fixeran sombra. E dende logo, conseguirono. Coincide hoxe a imprensa europea na análise: baixo perfil, baixa relevancia, mediania, reparto entre as familias políticas, contención de perfiles máis carismáticos, oscurantismo na decisión, pouca transparencia. E que os nomeamentos do Consello nunca foron transparentes, nen tampoco o de Solana no pasado. O Consello é rotundamente antidemocrático, e ven de vello. E o peor, a creación desta nova figura dalle ainda máis peso aos Estados, en detrimento do goberno europeo que deberia representar a Comisión, bregada aos Estados, como podemos comprobar.

A outra elexida, a Alta Representante para Política Exterior, a británica Catherine Ashton, ate agora e dende hai un ano Comisaria de Comercio, que ademais vai ser vicepresidenta da Comisión Europea, vai ser a responsábel de política exterior e de seguranza común, voz internacional de Europa e representación noutros organismos multilaterais internacionais, asi como dirixir o servizo da diplomacia europea, co que vense aumentadas as competencias que exercia Solana. A familia política da socialdemocracia europea reuniase onte a tarde para facer entrar en razón a Gordon Brown sobre a obstinada idea de impor a Blair para a presidencia do Consello conscientes que a idea de propor a D´Alema ou Moratinos para o outro posto fracasaba, ficando asi a alternativa de elexir a unha muller, pola reclamación de   moitas voces de mulleres. Da laborista  Ashton, a quen escoitei en varias ocasións en audicións no Parlamento, decir que é unha boa oradora e que sabe escoitar, neso coincidimos os grupos de esquerda, máis tamén que ten moi pouca experiencia internacional.   Sua elección é consecuencia das circunstancias, era un posto socialista, porque pactaran que o presidente do Consello seria un dirixente de centro-dereita, das demandas de que houbera unha muller nunha das dúas responsabilidades. A paridade era necesaria, máis tendo en conta as poucas propostas de Comisarias por parte dos Estados, só 4 ate o momento, a paridade non se cumplia. Creo que o argumento de que fora unha muller foi tomado dalgún xeito usado contra a calidade e experiencia da candidata. A loita pola igualdade para ter máis mulleres en postos decisores na política nunca debe ser separada das capacidades e cualidades políticas e profesionais, porque senon o argumento cae por si mesmo. O traballo desta muller, calificada de baixo perfil, vai pois depender da súa capacidade de traballo e da apertura a traballar conxuntamente coa única intitucións que se elixa democráticamente, o Parlamento Europeo,onde xa estamos preparando un longo listado para reunirnos con ela  cando veña a audición ao Parlamento: temas como a constitución do Estado Palestino e o dereito de autodeterminación do pobo saharaui, os acordos de comercio da Unión Europea con América Latina, os acordos de pesca, as migracións, o cuestionamento da política comercial europea a nivel internacional, a necesidade de posicións proprias en política exterior de condena a agresións como a de Gaza de decembro pasado, do pobo kurdo, do golpe de estado de Honduras, etc etc, e sen dúbida temas tan concretos como o tan debatido nestes dias como o da misión naval europea Atalanta, para que inclúa  protexer nosa frota atuneira.

Ambos nomeamentos son un exemplo do ánimo dos estados de enfebrecer as institucións europeas. E mentres, as nosas nazóns sen estado, fican como estaban, a atopar resortes de defensa e presenza, que con este novo sistema nen axuda senon que se agrava cunha Europa á baixa, pero con máis decisores que non garanten nengúnha pluralidade nen recoñecimento para os nosos pobos, tamén europeos, como o pobo galego.

Dende Bruxelas

Sen Categorizar Comments Off

Moi bon dia dende Bruxelas.

Empezamos aqui  un tempo de encontro coa militancia do BNG, para poder informar de xeito constante os chanzos que vaiamos dando na nosa presenza no Parlamento Europeo. Un lugar no que a nosa experiencia fainos movernos con pasos firmes, rotundos, cheos de ganas de traballar e da necesaria utilidade de poder servir para os intereses do noso pais esta nosa presenza activa na defensa dos seus intereses, nun lugar onde se decide unha gran parte da normativa que regula as nosas vidas, economias e entorno.  Por iso a presenza do BNG, imprescindibel. Porque sabemos que sempre fomos Europa  e temos que posicionarnos como NAZON neste contexto decisorio, coas nosas particularidades, co noso sentir, coa nosa forza en defensa da xente, de facer da política un servizo público digno e ético, e de devolver ilusión no noso proxecto. Tamén aqui, en Bruxelas. Contaremos o que pasa diariamente, onde participamos, qué defendemos, con quen, para qué. Para facervos partícipes do que pasa, con contacto aberto para os apuntamentos, suxerencias e propostas que consideredes.

Fomos a Europa, por suposto, nela xa estabamos, peroagora tocaba a devolution do noso escano. O BNG apresentouse ás eleccións europeas do pasado 7 de xunio no marco da coalición Europa dos Pobos-Verdes, obtendo un escano de representación parlamentar. O acordo político coas forzas integrantes, permite que o BNG volte a ter representación oficial parcial durante a lexislatura 2009-2014, no periodo comprendido entre xunio de 2009 a decembro de 2011 exerce a representación o eurodeputado de ERC Oriol Junqueras. Despois do BNG exercerán a representación un eurodeputado de ARALAR-EA por 8 meses entre maio a decembro de 2014 e unha eurodeputada dos Verdes ate xunio de 2014.

No marco deste acordo político, serei a eurodeputada do BNG durante 16 meses da lexislatura, entre decembro de 2011 e abril de 2013, e tamén en base a este acordo integreime por decisión da Executiva Nacional, dende setembro de 2009 na equipa política que ten a coalición aqui para que o BNG teña presenza no Parlamento Europeo durante a lexislatura completa. O BNG aporta deste xeito a experiencia como organización política con maior continuidade mesmo sen ter escano, para o conxunto da coalición política e fundamentalmente para a defensa dos intereses galegos dun xeito permanente e continuo.

O BNG forma parte no eido europeo co partido político europeo Alianza Libre Europea, un dos oito  partidos polítiocs europeos, no que están integradas 32 organizacións políticas de nacións sen estado de toda Europa. A ALE acordou dende 1999 cos Verdes europeos, a criación un grupo bicéfalo chamado Verdes-ALE con 55 membros en total, 7 da ALE, sendo hoxendia o 4° grupo dos 7 grupos da Eurocámara. Membros da ALE no grupo parlamentar de Escocia, 1 de Gales, 1 de Córcega, 1 rotatorio catalán-galega-vasco-verde, 1 de Flandes, 1 das minorias rusas de Letonia.

A presenza de Galiza en Bruxelas ven da man do BNG, ficou demostrado e polo tando asi defenderemos nosos sectores, nosa posición no mundo, nosa identidade cultural e lingua.

No Parlamento Europeo podemos participar nas comisións parlamentares, por exemplo a das Pescas, Agricultura, Industria, Mulleres, Política Rexional, Peticións, Medio Ambiente, etc  para posicionar temas galegos nos debates e nas emendas, dende a defensa proactiva de temas que dependan de Bruxelas, a  denuncias, peticións, control. Falaremos desto de vagar. 

Hoxe por exemplo, hai un debate sobre o sector lácteo ás 15.00hs na Comisión de Agricultura e Desenvolvimento Rural ao que irei. Antes, a presidente do Intergrupo do Pobo Sahariano, colega de grupo, a galesa Jill Evans, organiza un debate sobre a legalidade do Acordo de Pesca Unión Europea-Marrocos e as repercusión para o Sahara Occidental, e ali estarei para defender que o BNG quere que sexa o pobo sahariano o beneficiario dese acordo, que é un acordo ilegal, pois vulnera o dereito internacional e queremos que sexa renegociado cos lexítimos donos desas augas territoriais. Os servizos xurídicos do Parlamento Europeo acaban de emitir un informe que pon en serias dúbidas a legalidade do acordo e vaise abrir unha comisión de investigación. Presionaremos á presidencia española da UE que empeza en xaneiro de 2010 a que se decida dunha vez nesa ambigüidade. E despois marcho no bus para o aeoroporto a recoller á unha delegación galega de activistas e blogueiros que ven para participar mañá nun seminario sobre Activismo político na rede que organiza o noso grupo e do que xa damos conta entón mañá.

Despois de estar en Galiza hai dez dias percorrendo portos e vilas, vin cos papeis de Touriñán, da pesca de baixura, da difícil situación que vive o noso sector pesqueiro, da amenaza dos espazos protexidos da Rede Natura, para trasladalos en iniciativas políticas, perguntas parlamentares, denunias e actividades.  Cheiran a mar ainda os papeis, cheiran a mar, o noso, que tamén é un mar europeo.