transparenciaHai agora un ano, aló polo Outubro de 2015, presentabamos unha moción sobre “Transparencia e Información ao Cidadán”. Nela pediamos que se publicase na web municipal o que nos remunera o Concello aos políticos -goberno e oposición- por todolos conceptos; indemnizacións, dietas, aparcadoiros, locomoción, peaxe, etc… Pediamos tamén a publicación das Actas Plenarias e as da Xunta de Goberno, así como os videos dos debates plenarios.

Dito acordo non foi posible xa que PSOE, NAL e SON de Ares votaron en contra. Unha perda de oportunidade para poder sintonizar coa veciñanza.

Ao goberno municipal non lle interesa, porque saberíase que o Alcalde –a pesar do que dí- tamén cobra do Concello. Ademáis somos a veciñanza aresá quen lle paga outros gastos que nada teñen que ver co desempeño do cargo e sí coa súa vida privada.

Por si fora pouco, o alcade forma parte da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), entidade que conta cun “Plan de transparencia e bó goberno para entidades locais”. Documento que está nas antípodas da súa práctica de goberno e da súa maneira de entender a política.

En días pasados o alcalde recoñecía –a raíz do tema Sestayo– que contrataba ás amizades. Contratos de asesoría externa en materia de defensa xurídica, contrato para a o asesoramento do Centro de Información á Muller, contrato para a elaboración da RPT, contrato para un asesor de Cultura…, etc. que supoñen máis de 45.000 € ao ano.

Sin entrar a valorar a legalidade ou non dos actos, o que está claro é que desempeñar un cargo como o de Alcalde e gobernar un concello, pagando uns favores ás amizades a costa dos nosos impostos non pode ser nin ético nin moral e a veciñanza debe sabelo e reprobalo. Non se trata pois, de encasillar as actuacións entre “cacique bó” ou “cacique malo”. As persoas merecemos un respecto. Xusto o que nos nega PSOE, NAL e SON de Ares a todos e todas.

Share Button
 

Comentarios pechados.