O xulgado do social de Ferrol ven de dictar sentenza ao respecto da demanda presentada polos traballadores do servizo municipal de augas contra o Concello, ao recortarlles os dereitos laborais tanto en materia salarial, como no de recoñecemento de categorias.
Os feitos remítense ao mes de xuño deste mesmo ano, cando o Concello comunica aos traballadores unha modificación das condicións laborais, que a sentenza cualifica como “inxustificada”.


Estamos novamente ante un caso surrealista na xestión de política laboral. O Concello provoca uns pleitos que sabe que vai perder, para intentar xustificar a deixadez no tema da remunicipalización do servizo de Augas que tiña que resolver negociando cos traballadores. E todo por modificarlles inxustamente as condicións laborais que lle viñan mantendo dende hai dous anos e medio.


A sentenza -que é firme- condena ao Concello de Ares a repoñer as condicións de traballo anteriores á “inxustificada modificación operada por comunicación de 14 de Xuño deste mesmo ano”. O que obrigará ao Concello tamén, a pagarlle aos traballadores os atrasos correspondentes.


Os responsables de ir alegremente contra os intereses xerais do Concello en materia de persoal son o Alcalde, Julio Iglesias así como o actual concelleiro-responsable de persoal, Luís Cendán e a anterior, Alma Barrón, por implementar unha Relación de Postos de Traballo, acorde coa realidade das necesidades do Concello e que estivese negociada cós/oas traballadores/as.

Share Button
 

Comentarios pechados.