No pleno de onte puxemos de manifesto a incompetencia e o mal facer na obra da estrada de Ares-Chanteiro. Un sin fín de erros administrativos e políticos que fan que a obra -que se ía iniciar hai casi un ano- aínda non comezase.

Estamos fartos de trámites burocráticos ineficaces, de monopolios de empresas de telefonía privadas, que sendo antes públicas, campan ás súas anchas con privilexios que non se poden entender e que marcan -por si fora pouco- os prazos de execución dunha obra que debera ser prioritaria tanto para o Alcalde de Ares como para o Presidente da Diputación.

O que está a pasar coa estrada provincial de Ares-Chanteiro é unha auténtica tomadura de pelo por parte das administracións, cunha deixadez política asombrosa de quen ten a responsabilidade. A pasada fin de semana, dous novos accidentes, que por sorte non se cobraron a vida de ninguén, pero que poderían resultar nunha fatalidade de consecuencias maiores.

Nin unha soa contestación por parte do Alcalde á nosa pregunta e exixencia. A calada por resposta. O presidente Valentín non ten valentía, e o alcalde Julio Iglesias débese encomendar ao espírito santo para que interceda por el. Uns completos incompetentes.

Si a estratexía é a seguida anteriormete polo popular Diego Calvo, e esperar a que haxa unha nova morte para facer algo, equivócanse de plano. A obra da estrada é de urxente necesidade para a seguridade vial dos usuarios, tanto peóns como condutores. Non é un capricho. O vehículos rodan inseguros nunha estrada onde o único que roda ben é o desleixo de quen xa tarda demasiado, en aportar solucións.

Non se pode esperar máis e hai que dicilo alto e claro. Aporten solucións ou váianse para casa.

Share Button
 

Comentarios pechados.