No día de onte tivo lugar a celebración do pleno ordinario do mes de maio no Concello de Ares. Na orde do día, moitos asuntos para dar conta -nos que o Alcalde non deixa intervir- e algúns puntos para votación.

Ninguén podía presaxiar o que ao final aconteceu: O Alcalde levantou o pleno logo de escoitar as numerosas preguntas que lle fixemos dende a oposición, algunha delas moi comprometidas. Escapa unha vez máis de dar conta, non respostando a cuestións importantes dentro do noso exercicio de fiscalización.

Previamente o alcalde intentou -sin éxito- que a cuestión da modificación dun artigo na Ordenanza de Animais, pasase desapercibida, non citando o verdadeiro motivo; salvar o reparo da Policia Local ao incumplir a ordenanza actual, referida á prohibición de circular con animais polo casco urbán, logo da inexplicable decisión de cambio de uso do campo da Cidade Deportiva de Pedrós para adicalo a un picadeiro de cabalos, cando se investíu máis de 60.000 € coa mesma finalidade en Montefaro, o cal está roto, abandoado e inutilizado.

O Alcalde apuntou como excusa, a de permitir o paso aos cabalos dende a parroquia de Caamouco á de Cervás-Chanteiro pola Avda. de Redes e Federico García Expósito para enlazar coa estrada Ares-Chanteiro, situación que non é necesaria -como apuntabamos na nosa proposta- cun trazado moito máis seguro -tanto para o tráfico como para os animais- e máis acorde co entorno, ao discurrir por camiños sin apenas tráfico e máis en contacto coa natureza sin ter que transitar polo casco urbán. Tanto o PSOE como NAL e SON de Ares, non apoian por ser unha proposta do BNG.

Esta molestia acumulóuse logo ao preguntarlle sobre a “Pérgola” que puxeron en Redes e que conta cun malestar veciñal, así como as medidas de información e control na obra da estrada Ares-Chanteiro así como o seu plan de seguridade, ou de como é posible que a empresa NICOLAO LEX, da que son propietarios destacados militantes do PSOE de Ferrol, siga cobrando e traballando como asesoría en materia de defensa xurídica cando finalizaron contrato hai seis meses? Tamén preguntamos pola aprobación de facturas a Autopeysa por unha cantidade de 33.453,63 € en concepto de varias reparacións de vehículos, e sobre a ocultación que nos fai dos gastos de membros da corporación e equipo de goberno en dietas, peaxes, gasóil, etc.

“Se levanta la sesión” (Julio Iglesias, dixit)

Share Button
 

Comentarios pechados.