Non é a primeira vez que o goberno municipal (PSOE-NAL e SON de Ares) ocultan información no tema do Plan Xeral. Un proceso escuro no que non se nos dá participación á oposición e ademáis se nos está a mentir continuamente. A súa elaboración está a ser un auténtico fraude para a cidadanía. Levamos máis de dez anos esperando polo Plan Xeral.

La Voz de Galicia recollía no día 29/12/2012 o seguinte:

El Concello espera tener nuevo PXOM en el año 2014. La concejala de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos, estima que en el año 2014 se aprobará el nuevo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). «Al menos ese es mi compromiso con la gente, puesto que tenemos presentado y aprobado el documento de referencia y contamos en el primer trimestre del 2013 tener el informe previo para la aprobación inicial».

Dende os inicios, a vontade do goberno municipal foi o intento de ninguneo, non só a nós como representantes da veciñanza, senón tamén ás persoas que presentaron alegacións -máis de 600- e ante as cales houbo a calada por resposta; nin a favor, nin en contra, nin tan siquer intentando xustificar o inxustificable. Covardía en grao supremo e deixación de responsabilidades.

O Diario de Ferrol recollía no día de onte unhas novas declaracións da concelleira de Urbanismo en resposta á nosa valoración sobre o último informe emitido pola Xunta (ver na seguinte ligazón). A concelleira dí que os informes son “favorables” e que se poden “consultar no rexistro”. Nin unha cousa nin a outra, de 24 informes só 3 son favorables, o resto desfavorables, con consideracións, favorables condicionados ou sin contestación. Ademáis, tanto o noso grupo como veciños a nível particular solicitaron ver os informes sectoriais e a resposta foi “non”.

Non debemos esquecer tampouco que o concelleiro delegado do Plan é Luís Cendán (NAL), persoa que nunca fai declaracións públicas. A súa responsabilidade remata en levantar a man nos plenos da mesma maneira que Gustavo Pita (SON de ARES) para aguantar o goberno do PSOE, anque eso supoña asumir o seu escurantismo, mentiras e incumprimentos ante un tema tan importante como o PXOM. O verdadeiro motivo está a final de mes e non son os intereses xerais da veciñanza, son os seus propios intereses. Este é o seu propio Plan.

Share Button
 

Comentarios pechados.