A defensa  dos servizos públicos entra dentro dos deberes da sociedade e nomeadamente, de quen se adica a xestionalos dende as administracións. En Ares temos un Centro de Información á Muller (CIM), defendelo e apoialo é o noso propósito e non debemos pasar por alto unha desatención do servizo.

En días pasados, usuarias do servizo informáronnos das ausencias e incumplimentos nos horarios na Asesoría Xurídica, cuestión especialmente grave si temos en conta que son só 10 horas á semana. Hai que recordar tamén, que a Xunta de Goberno Local (PSOE, NAL e SON de Ares) concedeulle -a dedo- a Beatríz Sestayo, a atención da Asesoría Xurídica (decembro 2015) por cuestións políticas e non profesionais.

Poñer por diante os intereses políticos do PSOE de Ferrol e incumplir o contrato no Concello de Ares, como fai Sestayo, é unha cuestión o suficientemente grave como para deixala pasar. A non ser que o Alcalde e demáis membros da Xunta de Goberno, pensen que a mellor maneira de prestar un servizo público é atender os intereses persoais en vez das necesidades da veciñanza.

Share Button
 

Comentarios pechados.