Pleno Ordinario do día de hoxe no Concello de Ares, a priori un pleno curto (aprobación de Actas, Conta Xeral 2016).

Comeza cunha anormalidade democrática e de participación. O grupo de goberno non intervén no debate da conta xeral, sinxelamente non intervén en ningunha das dúas quendas posibles (!). Só houbo intervencións da oposición.

Esa é a visión democrática e participativa do PSOE, NAL e SON de ARES. Sentáronse para vir cobrar e logo levantáronse sin falar.

É dificil debatir, fiscalizar e contrastar ideas (que é para o que estamos) si o goberno se nega a falar.

Chegados ao punto de rogos e preguntas, preguntamos sobre diversos temas;

1.-Resolución 297b/17 Referida a habilitación de pago aos membros do Pleno do Concello de Ares, onde veñen o número de asistencias aos órganos de goberno e desta vez, como novidade, as comisións de servizo.

Rogamos que, en aras da transparencia, se publique a cantidade que cobramos tod@s que formamos parte do pleno e se nos dé acceso á información sobre as comisións de servizo (cando foron, onde, con que finalidade). E que nos dé os datos dende o principio de mandato (2015). Datos que nunca se nos entregou. Non podemos fiscalizar sin non temos acceso aos datos.

2.- Hai unha sanción de 1500 € por parte de Augas de Galicia como consecuencia das obras de eliminación do Río de Xanes, logo de que o Alcalde dixera en pleno que estaba todo ben e que non había problema. Quen asina a resolución q habilita o pago?

3.-Pregunta a Luís Cendán como responsable de Persoal e a Victoria Montenegro como responsable de Servizos Sociais, sobre a instancia q presentamos (24 de Xullo) ao respecto do incumplimento de horario e desatención da oficina de Servizos Xurídicos por parte da encargada da mesma, a traballadora Beatríz Sestayo.

Que medidas se tomaron ao respecto e cal é o método empregado polos traballadores/as para rexistrar as entradas e saídas.

…(outras)

O Alcalde comeza a respondernos na primeira pregunta acusándonos de mentir. “Ustedes mienten porque siempre les dimos los asientos de las comisiones de servicios, lo que pasa es que hubo un cambio de la aplicación de la Diputación que no nos permite dar esa información.”

Pidolle que rectifique porque el mesmo se contra dí. Por unha parte recoñece que non se dan os datos dende o cambio da aplicación e por outra acúsanos de mentir porque sempre se diron os datos.

Contesta que non podemos intervir, que fixemos as preguntas e que reponde el.

Recordámoslle que o regulamento especifica que no punto de rogos e preguntas, posibilítase o debate, e que non podemos pasar por alto as acusacións do alcalde. É importante puntualizar esto. Nunca nos deixa facer aclaracións, prohibíndonos un dereito recollido no Regulamento.

Non accede. “No te dejo intevenir”, “no tienes la palabra” “no me hagas levantar el pleno” (todo esto berrando).

Pídolle que se tranquilice e que escoite.

“Que no!!!. Se levanta la sesión!!!”

(En realidade o alcade non levantou a sesión pola petición de rectificación que lle pedimos. Foi a excusa para non contestar a preguntas que lle resultan incómodas, feitas dende a oposición. Non é a primeira vez que o fai).

Share Button
 

Comentarios pechados.