No día de hoxe tivo lugar a xunta de voceiros para tratar os asuntos do próximo pleno ordinario. Entre os asuntos; tres mocións do BNG e unha do equipo de goberno.

A sorpresa veu cando comprobo que a moción do equipo de goberno é un plaxio -feito minutos antes da Xunta de Voceiros- sobre a que presentamos no día de onte polo portal de xestión administrativa do Concello. Un vergoñento plaxio.

O tema da moción; outra vez a estrada Ares-Chanteiro, polo pasotismo -por parte do goberno municipal- a reclamar ante a Deputación o acordo aprobado “por unanimidade” o 26 de Decembro de 2016, sobre unha iniciativa presentada pola Plataforma Veciñal estrada Ares-Chanteiro, que demandaban a contratación da segunda fase da estrada Ares-Chanteiro (DP-402) no exercicio 2017.

Non é a primeira vez que realizan estas artes para “intentar” non quedar mal ante temas importantes para o conxunto da veciñanza. Hai uns anos retrasaron un pleno durante 20 minutos para plaxiar outra moción nosa ao respecto da construción do Centro de Saúde, pero desta vez “se coroaron”; a moción que presentaron hoxe uns minutos antes da xunta de voceiros leva data de 15 de Outubro para que parecese que a redactaron antes que a nosa.

A sinatura do alcalde na moción aínda estaba fresca, como as súas reiteradas mentiras que contan co apoio de todos os concelleiros e concelleiras do PSOE, NAL e SON de Ares.

Práctica da que resulta un goberno municipal de plaxio, vergoña e mentira, sustentado cós impostos da veciñanza aresá.

Share Button
 

Un resultado para O Goberno Municipal plaxia ao BNG para intentar xustificar a súa ineficacia na obra da estrada Ares-Chanteiro

  1. […] O Goberno Municipal plaxia ao BNG para intentar xustificar a súa ineficacia na obra da estrada Ares… […]