Onte presentamos unha iniciativa para a construción dun centro cívico polivalente, unha infraestrutura demandada históricamente tanto por entidades asociativas, como por parte da veciñanza.

No acto, ao que estaban convidadas as agrupacións de música, danza e teatro do Concello, así como diversos colectivos asociativos, presentamos a viabilidade da proposta, así como a xustificación e ubicación da mesma . Non se trata para nada dunha iniciativa pechada, é simplemente a consecuencia dunha laboura previa que incluíu o estudo do estado actual da cultura en Ares, así como as propostas sobre as carencias infraestruturais que demandan colectivos e veciñanza e pretendemos que sexa abordada polo conxunto da corporación local.

A iniciativa tivo moi boa acollida por parte dos asistentes, ademáis de considerar óptima a súa ubicación e móstranse esperanzados de que finalmente se poida levar a cabo. Puxémoslle “O Fol das Artes” porque reflexa moi ben a filosofía do que entendemos que precisa Ares. O fol é onde se almacena o ar nunha gaita. Para que haxa son no instrumento é preciso mantelo e renovalo, só así poden saír belas melodías. Esto é a metáfora perfecta do que pretendemos; un espazo onde estén integradas a música, o teatro e a danza, en tódalas súas vertentes, para goce da veciñanza.

O proxecto presentado inclúe 150 prazas de aparcamento, zona verde, un Skatepark para a mocidade e un edificio con salas e espazos para a música, a danza e o teatro, ademáis dun auditorio e un escenario exterior para as representacións do verán e tamén mostramos o audiovisual do mesmo.

Agora pretendemos que na cantidade que lle corresponde ao Concello de Ares no Plan Único da Deputación 2018, o cal ascende a máis de 440 mil €, haxa unha partida para comezar a traballar no proxecto.

Share Button
 

Un resultado para O Fol das Artes, un proxecto para Ares

  1. […] nosa proposta é que –namentres non se realice o proxecto do Fol das Artes, básico para un desenvolvemento social e cultural no noso Concello e que debe ser prioritario- se […]