Remuneracións dos Alcaldes e Alcaldesas según Lei de Transparencia

Remuneracións dos Alcaldes e Alcaldesas según Ministerio de Hacienda

Hai un par de días os medios publicaban unha noticia ao respecto do que cobran os Alcaldes dos máis de 8000 concellos no estado español.

Logo de ver os datos relativos ao Alcalde de Ares, un se pregunta para que serven estas cousas da Lei da Transparencia. As cifras que indica non son a realidade.

Por poñer un símil -co afán de que todos e todas entendades a Lei de Transparencia-; digamos que a auga que contén unha botella está contaminada e facemos unha lei de transparencia para obrigar a que as botellas sexan transparentes e se vexa que hai auga.

Para comezar, debemos puntualizar que a política española sofre un mal que está instaurado na propia sociedade, non hai sectores que non poidan padecer de corrupción e malas prácticas. Estas circunstancias non son unha cuestión da política en sí, é cuestión das persoas que exercen a política nese sentido.

Outro dato importante é que os políticos somos elixidos pola sociedade, moitas das veces con profundos coñecementos das artes que algúns realizan no servizo público; contratacións de persoal a dedo, negocios urbanísticos, intereses privados contra intereses públicos, etc.

No caso do Alcalde de Ares, considero que a veciñanza debera saber, non só o que cobra por todos os conceptos -si así fose aparecerían máis dos 18.781 € que se suliñan- senón o que “non cobrando” deixa de gastar. Ou sexa, certos privilexios nada claros; utilización para traslados de carácter privado nun vehículo de propiedade municipal, pago de combustible, peaxes, aparcadoiros, dietas, etc.

Haberá quen critique aos concelleiros e concelleira do BNG porque pedimos para o resto o que non facemos nós e que mesmo poderiamos publicar nós as nosas retribucións. A este respecto téñovos que dicir que hai anos que esiximos tal cousa, mesmo con mocións a pleno que PSOE, NAL e SON de ARES rexeitaron.

Entenderán vostedes que a nosa visión da transparencia non é publicar nós mesmos nas nosas redes sociais o que cobramos no exercicio de concelleiros da oposición. Nós imos moito máis alá, a información debe ser accesible para toda a veciñanza e o único xeito é publicar de maneira clara, accesible e transparente, as cifras económicas de todos os concelleiros e concelleiras -goberno e oposición- no sitio destinado para tal; o portal de transparencia da web municipal que nos pertence a todos e todas (www.concellodeares.com).

Por todo isto volvemos facer unha petición pública:

Sr. Alcalde e Sres/as do Grupo de Goberno; Julio Iglesias, Victoria Montenegro, Olimpia Marcos, José Juan Vilar, Alma Barrón, (PSOE), Luís Cendán (NAL) e Gustavo Pita (Son de Ares):

Publiquen no Portal de Transparencia as cantidades que nos retribúe o Concello de Ares -por todos os conceptos- aos concelleiros e concelleira do BNG (Emilio Mesías, Cristina Cadena e Manuel Bello), e si o estiman, publiquen tamén as do resto da corporación. 

É moi posible que consigamos limpar a fonte, que boa falta fai. Sería bo para todos e todas e ninguén se ía sorprender. Ou si.

Share Button
 

Comentarios pechados.