Nos vindeiros meses procederase á inauguración do novo Centro de Saúde, infraestrutura longamente demandada, tanto pola veciñanza como pola nosa organización.

Esta circunstancia levará consigo a dispoñibilidade do vello Concello para usos socioculturais. Unha realidade que aproveitamos para propoñer unha reorganización das Escolas do Lago.

A nosa proposta é que –namentres non se realice o proxecto do Fol das Artes, básico para un desenvolvemento social e cultural no noso Concello e que debe ser prioritario- se habilite provisionalmente as citadas escolas para acoller a actividade musical que realizan os distintos colectivos e asociacións.

Propoñemos destinar aula de 94 m2 aprox. -que dá á Rúa María- como aula de ensaios de colectivos grandes (Bandas de Gaitas, Rondalla, Banda de Música, etc.)  e o pavillón de 2 aulas cun total de 204 m2. redistribuíla para acoller 4 aulas instrumentais individuais e 1 teórico-práctica, xunto cunha pequena oficiña.

 

Polo que vimos de solicitar no Concello de Ares

  1. Reunión da Concelleira de Cultura coas agrupacións e/ou asociacións que poidesen estar interesadas có ánimo de propoñer e organizar espazos, horarios e posibilidades según as necesidades reais de cada colectivo.
  2. Trasladar as características necesarias aos técnicos municipais para que realicen un proxecto das obras de adecentamento.
  3. Licitar e contratar obra, en caso de ser preciso, para realizalas nos meses de verán 2018 coa finalidade de ter listos os espazos para o inicio do curso en Setembro-Outubro deste mesmo ano.

Esperamos que o Concello atenda a favorecer espazos -que sempre negaron- para a formación musical, e que non pretendan seguir desafinando.

Share Button
 

Comentarios pechados.