O membro do Goberno Municipal e concelleiro de Son de Ares, Gustavo Pita, tivo a oportunidade de rectificar ou de aportar probas tras as graves manifestacións verquidas nas redes sociais, onde acusaba ao grupo provincial do BNG do retraso das obras da estrada Ares-Chanteiro.

A instancia presentada por rexistro o pasado 21 de Marzo, para pedir xustificación das acusacións ou a rectificación pública non foi contestada, polo que levamos de novo a petición no pleno do mes de Marzo. Gustavo Pita negóulle a respostar e acolléuse ao dereito de contestar no seguinte pleno ordinario, celebrado no día de hoxe.

Súa contestación non foi nin a aportación de probas das falsas acusacións, nin de rectificación pública, moi ao contrario; ratifícase na mentira.

É por iso que o BNG de Ares publica a instancia presentada, así como a resolución de 29/12/2016, onde se pode comprobar que o responsable da aprobación do proxecto e orzamento para a retirada dos postes foi o presidente provincial, o socialista Valentín Formoso e non o Deputado de Contratación, o nacionalista Xesús Soto, como falsamente acusa Gustavo Pita na súa publicación.

Incluímos tamén pola súa claridade, a nota de prensa de Xesús Soto ao respecto das graves acusacións por parte do Alcalde e do Concelleiro de Son de Ares.

 

NOTA DE PRENSA publicada o 11 de Abril de 2018
  • O Deputado de Contratación da Deputación Provincial, sae ao paso das acusacións do Alcalde de Ares sobre o retraso das obras na estrada Ares-Chanteiro
A Coruña. 11 de Abril de 2018. O deputado de Contratación, Xesús Soto, mostrouse “ingratamente soprendido por ser
convidado a un enterro para o que non tiña vela” ao respecto dos retrasos que se están a dar na execución do proxecto de
ampliación e mellora na via provincial entre Ares e Chanteiro.

Neste sentido, Xesús Soto non entende os tombos informativos do Alcalde nos últimos tempos e lembrou que se ben o alcalde
xustificaba a semana pasada o retraso da estrada Ares-Chanteiro en xustificacións meteorolóxicas, agora “quere responsabilizar á Deputación e, en concreto, ao servizo de Contratación sobre cuestións nas que non ten responsabilidade ningunha”. Insta
tamén ao Alcalde a ter un coñecemento máis exhaustivo sobre as tramitacións dun proxecto que se fai no seu concello, en concreto, ” Julio Iglesias debería saber que este deputado non asinou nin tramitou nada ao respecto dese retranqueo de servizos que comenta, e debería saber tamén que non se tramitou como un contrato senón como a indemnización ante a prestación
dun servizo, o cal imposibilita a aplicación de prazos dende un punto de vista legal. Aínda así,
non foi o Deputado de Contratación quen asinou a conformidade e aceptación deses traballos
de retranqueo de servizos”.

Según o deputado “o Alcalde é consciente de todo isto, pero aínda así actúa faltando á verdade. Temos coñecemento da súa asistencia a unha asemblea veciñal no pasado domingo na que parece que non saiu moi ben parado, motivo polo cal busca responsabilidades onde non as hai” Xesús Soto lamentou tamén que o alcalde Julio Iglesias estea a utilizar a páxina oficial do
concello de xeito partidista para” faltar á verdade e facer acusacións políticas que non se corresponden coa realidade dos acontecementos”.

Por último, insta ao Alcalde a ” camiñar pola senda da concordia política na execución desta importante obra para a veciñanza de Ares e a axilizar a execución das obras de servizos asociados que ten pendente o Concello para poder retomar a obra provincial o máis rápido posíbel, unha ver rematado o retranqueo de Telefónica e case tamén o de postes de enerxía eléctrica”.

Neste senso ultima que “O BNG leva 20 anos loitando por este proxecto e vai seguir traballando para levalo a bo fin. Traballamos cada día no que nos compete para rematar o proxecto e tamén consideramos como un obxectivo político irrenunciábel a aprobación e execución da 2a Fase como colofón ao proxecto que actualmente se executa”.

Share Button
 

Comentarios pechados.