Foto: César Toimil para La Voz de Galicia

Foto: César Toimil para La Voz de Galicia

La Voz de Galicia publicaba o pasado luns, unha nota do Concello de Ares que facía referencia á Rehabilitación e conversión do Alboio de Quinín nun “centro de información pesqueiro”.

O PSOE xa plantexaba unha intervención no Alboio no programa de 2007,  mais era unha proposta sen concretar “recuperando para usos comunitarios, o alboio…”.

Desta maneira o goberno municipal asume a proposta concreta do BNG recollidas nos programas de 2007, 2011 e 2015 para ubicar no Alboio un “Centro da cultura marítima”, cunha nova denominación; “Centro de Interpretación pesqueiro”, para que sendo o mesmo pareza distinto, non vaia ser que lles cobremos dereitos de autor.

Share Button
 

Comentarios pechados.