Remata o verán e chega o inverno. Ares volve á normalidade de seu, ao cotián. É tempo de analizar o que vivimos nestes dous meses para saber dos resultados da xestión política e económica e a súa repercusión en cada un de nós e do colectivo.

A falta de presión de auga, a merma de aparcamento con 70 prazas menos no urbán en Ares ou a insuficiencia dos servizos para atender a tanta poboación, non é unha cuestión puntual que chegase de repente. É o resultado dun plantexamento erróneo da xestión política que levamos lastrado dende hai máis de quince anos e sen atender dende aquela.

As repercusións de elixir no seu momento -e manter a posteriori- por un turismo estacional, onde imos camiño de ter máis segundas vivendas que primeiras, sen atender ás previsións que ía demandar tanta poboación en canto a servizos, resultan dun cambio da realidade ao Ares tranquilo, sosegado e ordenado.

Este verán estrenamos centro de saúde; novo, máis grande, pero curiosamente con peor servizo que anos anteriores, pola merma no seu cadro de persoal. Os sumidoiros non cheiran, feden. Das duchas de praia, nen gota…

Por todo isto e moito máis, Ares precisa doutro proxecto de pobo. Un proxecto que atenda as necesidares da realidade que vivimos, que padecemos e que -en non poucas ocasións- sofrimos.

 

Share Button
 

Comentarios pechados.