O pasado luns, preguntamos no pleno ordinario sobre o custo e motivación da revista “Vive Ares” repartida porta a porta pola vila.

O Alcalde cifrou a cantidade nuns 12.000 €, entre a edición e o reparto.

En canto á motivación, argumentou que decidiron facelo un ano antes das eleccións municipais, porque ao tratarse de propaganda política está prohibido facelo uns meses antes.

Opinamos que o Concello de Ares non pode gastar os impostos da veciñanza en propaganda política. Unha cousa é a información á cidadanía e outra ben distinta a propaganda política coa idea de facer campaña.

(PD: O traballo foi realizado por unha empresa “amiga”, XEMA COMUNICACIÓN GLOBAL S.L. cuxo administrador único leva encadeando contratos anuais dende que goberna Julio Iglesias, por prestación de servizos en materia de cultura (12.000 € anuais).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

_________________________________________________________________________________________

Share Button
 

Comentarios pechados.