Coñecer as necesidades infraestruturais da realidade aresá, debera ser básico para xestionar a política municipal, cuestión que non demostra, unha vez máis, o goberno municipal formado por PSOE, NAL e Son de Ares así como o PP, que apoiou ao goberno na decisión de levar adiante un proxecto que ademáis de non ser necesario elimina a oportunidade de apoiar o movemento musical aresá, do cal participan máis dun cento de persoas, dende nenos e nenas e maiores.

Mentras as agrupacións musicais da localidade; Rondalla Trovadores, Bandas e grupos de gaitas, Banda de música Xábrega, etc…, carecen de locais que reúnan unhas condicións idóneas para os seus ensaios diarios, o Concello de Ares decide adicar as Escolas do Lago a unhas actividades que xa se realizan noutro espazo. Desaproveitando a oportunidade de afinar na súa decisión.

Pérdese desta maneira, a gran oportunidade de localizar nas Escolas do Lago un “Centro provisional da Música”, mentras non se fai realidade a nosa proposta do “Fol das Artes”, que daría solución definitiva á cuestión artística -música, danza e teatro- e formativa en Ares.

Dende o BNG apoiamos ás agrupacións musicais con propostas que faciliten e dinamicen o seu día a día e damos solucións para que sexa realidade un escenario para o mellor desenvolvemento das súas actividades de formación musical, sin limitar a realización de actividades de asuntos sociais, se fose preciso.

Reiteramos a nosa proposta (ver) e pedimos unha modificación do proxecto en harmonía coas necesidades de centos de persoas que día a día traballan por afinar, empastar e levar o ritmo. Accións que están ás antípodas do que demostra o goberno municipal e o Partido Popular.

É posible facelo e ademáis é a oportunidade de que PSOE, NAL, Son de Ares e PP, con Julio Iglesias (Alcalde) e Alma Barrón (Concelleira de Cultura) á cabeza, demostren -con feitos- que están por apoiar a formación musical e as actividades que realizan as agrupacións locais, máis aló do “dispar” e inxusto reparto económico mediante subvencións a partir dos impostos que pagamos a veciñanza.

Share Button
 

Comentarios pechados.