O mellor exemplo dos doce anos de goberno de Julio Iglesias e Cía, témolo nos locais municipais. Tras unha política de “facer por facer”, atopámonos con moitos locais sin uso definido e o que é peor, sin xustificación para a súa existencia.

A circunstancia de que os novos proxectos de edificación ou rehabilitación, logo da cuestionables adquisicións -todo hai que dicilo- fosen elaborados pola mesma empresa, xunto coa improvisación e o non saber o “que” e o “para que” como destino final, lévanos á conclusión de que non só estamos ante unha deslocalización dos servizos municipais versus locais, senón -e tamén- ante unha deslocalización do goberno municipal.

Logo do traslado dos servizos sociais ao vello concello, chégalle “o baile” á Policia Local, e digo baile porque a súa localización volve onde xa estiveran; onde previamente estiveron os servizos sociais despois de localizarse onde até pouco estaba a policia local. Si, un rollo.

Moi posiblemente este baile non acabe aquí, xa que o Concello non é o sitio para albergar as dependencias policiais según a normativa, que -dito sexa de paso- haberá que cumplir.

Que vai facer agora o Concello coa edificación da rúa Real onde estiveron as dependencias policiais, logo de estar os Servizos Sociais?. Nada se sabe porque todo é posible. É o que ten a improvisación e o feito de desviar o interés hacia a cuestión do “facer por facer”, sin plantexarse as necesidades, a oportunidade e as súas consecuencias.

Esperemos que agora non toque encargar un novo proxecto. Sería a mesma música cós mesmos intérpretes, pero máis cargada de… “bombo?”

Share Button
 

Comentarios pechados.