O 28 de Abril hai chamamento ás urnas para o Congreso de Diputad@s. Ábrese a posibilidade de mandar un recado de compromiso, confianza e consciencia de país.

Hai múltiples opcións para escoller. O BNG nace da nosa terra e aquí se desenvolve. É a única razón de ser. Non é unha sucursal, nin unha franquicia dunha versión española, por iso non aspira a gobernar o estado español. É moito máis; a voz do feito diferencial que nos identifica, no ámbito social, cultural ou industrial, entre outros.

O CIS quere que falemos de si Sánchez está casado pola iglesia, ou si se baña nunha rivera, entre abascales. Nada novo baixo o sol.

Falemos nós e a nosa terra do que nos afecta, non do que nos infecta. Que sexa Galiza a nosa mensaxe e o BNG a nosa voz. Confiar nun valor en alza é alzar o seu valor, ninguén o fará máis que nós.

Share Button
 

Comentarios pechados.