Un paso máis no camiño da senda peonil Ares-Redes

A comisión de Vías e Obras da Deputación Provincial vén de aprobar o proxecto de senda peonil da estrada Ares-Redes. Alegrámonos do feito, aínda sabendo o sentido propagandístico pre-electoral -logo de tantos anos de promesas- e o feito de que aínda non é a licitación da obra. Por iso, e retomando a nosa proposta dunha mellora nos servizos para Redes imos propoñer que se realice o desexado aparcadoiro na parcela do Carballo. Agora é preciso a colaboración do Concello de Ares para que se inclúa o modificado na obra, cousa ben sinxela e posible.

Só a boa vontade de querer facer ben as cousas, será capaz de levar por boa senda  unha obra demandada e que corresponde á Deputación, xunto con outra tan demandada e necesitada como é o aparcamento, no emprazamento que menos molesta e onde dá mellor servizo. É a oportunidade que temos.

Vai a proposta do 2017 que pretendemos retomar:

Share Button