Resultados electorais en Ares

Unha vez pasadas as eleccións, correspóndenos -como organización- valorar os resultados e a partir de aí, marcar unha nova folla de ruta que reflicta o mandato da veciñanza.

Os resultados demostraron claramente que a veciñanza nos quere como forza de oposición, ou o que é o mesmo, como fiscalizador da labor de goberno. As causas do retroceso electoral que vimos de padecer ten múltiples lecturas, tantas como as razóns das persoas que, confiando hai catro anos en nós, agora non o fixo.

A responsabilidade que debemos ter como organización non nos permite paréntese nin parón na labor política, 591 persoas decidiron que o BNG ten que traballar no Concello de Ares. Será unha labor interna valorar todas e cada unha das decisións que se foron tomando nestes catro anos, así como a política realizada e o traballo das distintas persoas.

O BNG fará todas estas valoracións e tomará decisións, como sempre fixo, pensando sempre no que considera máis acaído para poder realizar unhas políticas que nos traian avance a Ares. Valoracións e decisións na que cobrará importancia as opinións dos cargos orgánicos, militantes e simpatizantes.

Mentras tanto -e ao mesmo tempo- toca seguir traballando. Grazas aos que confiástedes en nós. O BNG non vos decepcionará.

Share Button