Intervención na sesión constitutiva

O Mandato da veciñanza nas pasadas eleccións municipais foi claro e contundente, ao respecto do rol que debemos desempeñar os grupos aquí representados.

A xente de Ares, quere que o PSOE leve as responsabilidades de goberno e que o resto de grupos estemos na oposición. É así porque hai unha maioría absoluta e calquer cuestión diferente non tería ningún sentido.

Coma sempre fixemos nestes casos e atendendo á mensaxe da urnas, o BNG non vai presentar candidato á Alcaldía, é obvio.

Temos a responsabilidade de defender o noso programa electoral e así o faremos, propoñendo as medidas que nel están incluídos e realizando unha política inherente á nosa labor de oposición, que non é outra que a de fiscalización e control das prácticas e do traballo do goberno municipal.

Así o faremos. Moitas grazas

Share Button