Veciñanza 7 – Iglesias 8

A vontade popular aresá da maioría absoluta, é ampliada polo PSOE ao dar entrada no seu goberno a Luís Cendán, voceiro de Nal.

Non se trata dunha necesidade aritmética para formar unha maioría plenaria -que xa non precisan- senón dun clarísimo “pago de favores”. En palabras do alcalde; “luego de ocho años con nosotros en el gobierno, sería feo dejarlo fuera ahora que no lo necesitamos”.

A veciñanza quixo que Luís Cendán quedase na oposición, pero Julio Iglesias lle concede a responsabilidade de levar as Áreas de Plans e Persoal, o que implica que cobrará aínda máis que a Concelleira do PSOE con media adicación e que conta cun bruto de 16.000 € anuais.

O Alcalde contento ao ter un concelleiro menos na oposición, Luís Cendán máis contento todavía por ver ampliados seus ingresos. E a veciñanza? A veciñanza sabe que ten que pagar.

Share Button