Reclamamos que se melloren os accesos a fincas e vivendas na estrada Ares-Chanteiro

Como poidemos comprobar nos pasados días, a obra da primeira fase da estrada Ares-Chanteiro vai chegando ao seu fin co asfaltado do firme e da beirarrúa. Mais este remate non é de todo satisfactorio para o noso ver e para as persoas que nos trasladaron as súas queixas –cremos que ben fundamentadas- ao respecto do acceso que se fai ás fincas e vivendas, mediante o asfaltado en rampa que une beirarrúa e estrada.

Non falamos dunha cuestión estética, que tamén, senón de cuestións que teñen a ver coa seguridade viaria e cuns accesos que non sexan un impedimento para os vehículos que teñen que abordar dito “sobresalto”.

Acreditamos da boa disposición da Deputación para atopar unha solución máis acaída, mediante a valoración doutras alternativas e co diálogo cos propietarios.

Por todo o cal, PROPOÑEMOS

1.- Que o Concello de Ares se dirixa con urxencia aos técnicos da Deputación, que fan o seguimento da obra da Estrada Ares-Chanteiro, para abordar -xunto coa veciñanza- os problemas derivados da errónea solución que se lle dá aos accesos de fincas e vivendas mediante o asfaltado en rampa que comunica estrada con beirarrúa, coa finalidade de executar a mellor das posibilidades e garantir a seguridade, tanto nos accesos como na circulación.

(Escrito dirixido ao Alcalde- Presidende do Concello de Ares o día 12 de Xullo de 2019)

Share Button