O Concello de Ares non prevé garantir o servizo de abastecemento aos usuarios

  • As acusacións cruzadas entre Concello e Xunta demostran incapacidade para xestionar.
  • O BNG propón a eleboración do “Plan Urxente de Abastecemento” (PUA)

(Ares, 19 de xullo de 2019). Desde o BNG de Ares valoramos moi negativamente a xestión que están a levar, tanto o Concello como a Xunta, no tocante aos problemas de abastecemento que está a sufrir a veciñanza.

Resulta sorprendente que logo de máis de vinte anos sin realizar obras estruturais para dar solución ao problema, pretendan centrar o debate en discutir sobre quen actúa con irresponsabilidade.

A veciñanza precisa poder facer uso do servizo polo que paga, situación que non se está a dar nos últimos anos en tempada estival, o cal supón un auténtico fraude.

Mesías recorda que o BNG leva anos propoñendo a necesidade de realizar obras que den solución á nova realidade urbanística e poboacional e que garantan un óptimo servizo. Dita proposta foi sempre rexeitada por parte do goberno municipal, máis preocupado en obras “de rédito electoral” que en solucións ás demandas que a veciñanza require.

O BNG anuncia a presentación dunha iniciativa para que se realice o estudo e análise de toda a rede actual de abastecemento, así como o compromiso da reposición dos servizos en mal estado, as novas canalizacións e os depósitos que se deben incluir. Todo esto, dentro dun “Plan Urxente de Abastecemento” (PUA) a realizar de maneira secuenciada desde este mesmo ano e durante os vindeiros.

Share Button