Poucas luces e moitas sombras

No dia de onte, o presidente da Deputación visitaba a primeira fase da estrada Ares-Chanteiro. Estivo acompañado polo alcalde e pola asociación de veciños de Chanteiro.

“Sería un detalle convidar tamén aos veciños e veciñas que loitaron polo que hoxe é unha realidade e sin cuxo empeño, traballo e constancia, non sería posible esta obra.”

As fotos quedaron ben, a obra é mellorable. Tal e como denunciabamos hai algo máis dun mes, hai veciños e veciñas que non poden acceder ás súas propiedades cos vehículos (antes da obra, sí podían). Onte era o momento de dar voz a quen de verdade sufre esta inxustiza. Unha mágoa que -unha vez máis- o Alcalde “tire” só da xente de Chanteiro, obviando que o acceso ás fincas da primeira fase, afectan directamente a propiedades de Lubre e Cervás.

Anque a visita foi polo día, supoñemos que se darían conta de que falta o alumeado.

En realidade non é máis que a mensaxe dunha longa historia que todos e todas coñecemos: Unha obra con poucas luces e moitas sombras.

Seguiremos apoiando á veciñanza coas súas xustas reclamacións, anque para iso teñamos que ir novamente a Coruña, xa que o Alcalde non quixo aproveitar a oportunidade de que o Presidente da Deputación escoitase “a pé de estrada” a quen sufre do abandono institucional.

Nota de prensa da Deputación: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=4297&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web

Share Button