Accesibilidade para o edificio do xulgado

Emilio Mesías e Cristina Cadena, concelleir@s do BNG.
Emilio Mesías e Cristina Cadena, concelleir@s do BNG.

Un dos edificios máis senlleiros que temos no Concello é o que acolle o Xulgado de Paz. Debido á súa tipoloxía e antigüedade, non dispón dunha accesibilidade para persoas con mobilidade reducida que lles permitan acceder, tanto ao propio xulgado como á sala onde se realizan vodas civís e outros actos.

Debido a esta carencia e coa finalidade de facer un concello máis accesible, vimos de facer unha proposta para que se dote dunha “Plataforma eléctrica salvaescaleiras”, tal e como acontece en edificios públicos de moitas administracións.

Unha proposta que daría solución tanto á xente que se move en cadeira de rodas, como aos que levan as cadeiras das crianzas e aquelas con dificultade para acceder por escaleiras.

Share Button