Veciñanza sin poder entrar nas súas propiedades

Como tiñamos denunciado noutra ocasión, os accesos ás propiedades da recén feita estrada DP-402 Ares-Chanteiro, están a resultar un problema para os propietarios. Non é posible acceder co vehículo por medio da rampa que salva o bordo da senda peoníl, cuestión que antes da obra non acontecía.

A este respecto, sabemos que nalgunhas localizacións houbo outra actuación da obra para salvar esta diferenza de nível para lograr que os coches non tocasen no fondo, pero tal solución aínda agrava máis o asunto, ao ampliar a rampa á liña que marca a estrada.

Non é a solución que pediamos o BNG maila veciñanza. De feito, poidemos constatar como esta solución fai de barreira ás augas que chegarán co inverno, sendo previsible que resulten un perigo á circulación. Feito confirmado en conversas cos profesinais que están levando a cabo a obra.

Queremos recordar, que nas reunión que mantivemos cos técnicos da Deputación e advertidos sobre os accesos ás fincas, se nos dixo que as solucións aos accesos se realizarían logo de rematada a obra, estudando cada caso particular. De entre as solucións que plantexaban, estaba a de reducir o bordo da beirarrúa, que é a solución que se toma en moitos casos, xa que non permite desviar as augas á estrada.

É por iso, que reiteramos a nosa petición para que se lle dé unha solución axeitada a cada caso particular, tendo en conta que se garantice a seguridade, tanto do acceso como do tránsito na estrada.

Share Button