Comeza o cole, retrásase a ampliación

Emilio Mesías e Cristina Cadena (Concelleir@s do BNG), diante do CPI As Mirandas.

Comeza un novo curso e visualízase un novo retraso nas obras de ampliación do CPI “As Mirandas”. Unha vez pasada a campaña electoral, onde o PSOE sinalaba o abastecemento e a ampliación do CPI como as dúas prioridades do mandato, comprobamos como as prioridades non son tales para o goberno.

O Concello de Ares xa podía ter feito o que lle corresponde, para entregar o solo cos correspondentes servizos á Xunta, que será a encargada de realizar a obra.

O feito de que a ampliación esté finalizada antes de que comece o curso 2020-21, vai depender en primeira instancia do Concello e da vontade política da Xunta de Galicia, encargada de realizar a obra. Mágoa que esta infraestrutura dependa de estratexías electorais do PSOE e o PP, antes que da necesidade da comunidade educativa. Aínda así, desde o BNG seguiremos a reclamar esta obra.

Share Button