O BNG urxe a contratación do posto de pediatría no Centro de Saúde

* A praza de pediatría está vacante, desde que a anterior profesional obtivo un novo destino.

O Centro de Saúde de Ares, volve mostrar a cara da precariedade unha vez máis. Desta volta é o caso de Pediatría, praza compartida até o de agora con Mugardos, que deixa de ter titular ao incorporarse a anterior profesional ao seu novo destino.

Consideramos urxente cubrir a praza cun novo facultativo, polo que solicitamos á Consellería de Sanidade que dé solución a este novo estado de precariedade na atención á saúde, para dar servizo aos nenos e nenas de Ares.

Share Button