Vehículos contra parques

En datas pasadas deron comezo as obras para ubicar un aparcamento na finca da antiga Reitoral, unha decisión do goberno municipal que pon de manifesto a improvisación e a falta de planeamento con vocación de futuro, nun espazo onde o que menos pide son cemento e coches.

No pleno onde debatimos esta circunstancia, non se lle ocurreu ao Alcalde mellor maneira de defender súa decisión que criticar o urbanismo e a mobilidade deseñada en Pontevedra nas últimas décadas (con dúcias de premios nacionais e internacionais, por facer unha cidade máis segura e limpa e cunha mobilidade pensada para as persoas), para argumentar que os aparcamentos teñen que estar no centro, en contra da tendencia de moitos concellos -grandes e pequenos- de habilitar aparcamentos disuasorios nas aforas das cidades e das vilas e deixar o centro con zonas verdes para as persoas co obxecto de proporcionar un modo de vida máis tranquilo e saudable.

Deciamos que hai improvisación e falta de planeamento, porque é unha ocurrencia de última hora que nin siquera está recollido no PXOM, aínda sin aprobar. Deixando en evidencia a mentira repetida unha e mil veces polos membros do goberno municipal, ao respecto de que non se pode comezar coas obras previas á ampliación do CPI, previstas -estas si- no Plan Xeral.

Chega con ler a nota de prensa do Concello para darse conta da visión do goberno: A finalidade desta actuación está vinculada á adecuación do espazo público destinado ao estacionamento de vehículos dos visitantes e turistas que visitan Ares, co fin de reducir o impacto visual que producen, asi como a mellora e optimización das rúas de acceso e interiores da contorna da antiga Reitoral, ben catalogado por patrimonio”.

Non quixeramos rematar, sin dar outro dato tamén importante; a pesares da creación das novas prazas de aparcamento, imos dispoñer de arredor de medio centro de prazas de aparcamento menos das que dispoñíamos hai un par de anos, ao eliminarse as que estaban frente correos e as da Avenida de Mugardos, entre o antigo “Muíño” e “Fontelide”.

Share Button