Néstor Rego visitou a nosa vila por dúas veces na última quincena. Foi para interesarse polo sinistro do Blue Star e facer unha chamada á seguridade marítima, á defensa do medio ambiente e ao sector produtivo vinculado ao mar.

Néstor Rego tomaba posesión no día de onte no Congreso, o único parlamentar que defenderá -desde a tribuna- os intereses da nosa Ría, co caso do Blue Star, con coñecemento de causa e coa memoria fresca do visto e do vivido tralo encallamento do buque, “un accidente que nos lembrou a indefensión das nosas costas”, asegurou Rego. 

É unha proba do que damos en chamar a “axenda galega”; patear o país, levar as iniciativas e mirar polo noso.

Parabéns Néstor Rego e moi boa singladura!
Medre o mar!!!

 

 " "     @ @   á  nas
Share Button