Un “mirador” para que non vexamos a realidade

Unha vez sacado o Blue Star toca facer valoracións e preguntarnos o que, como e por que pasou.

Desde o BNG presentamos iniciativas e preguntas parlamentarias no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados, ademáis de mocións nos Concellos de Cabanas, Pontedeume e Ares, que esperamos poñan lús no acontecido, teñan en consideración á xente do mar e sirva de experienza para non repetir.

Non deixa de sorprendernos o Alcalde, que en todo o proceso mostrou unha posición máis de narrador de canto ía acontecendo, que de responsable político dos intereses da nosa ría e do noso Concello. Si pensabamos que todo remataría coa súa última -que non derradeira- mentira ao respecto de que os profesionais do mar “non tiñan restrinxida a actividade na zona do encallamento”, vén de anunciarnos que pretende facer un “mirador”, en troques de velar para que a zona do sinistro volvese á súa anterior imaxe.

A lectura do Blue Star co seu encallameno na costa aresá é clara: Non hai seguridade marítima na Ría de Ares e cómpre tomar medidas. Mágoa que algúns entendan que a mensaxe do buque, foi sinalar un lugar para facer un mirador. Un mirador para que non vexamos a realidade.

 

Share Button
Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda a ligazón permanente.