Fonte: web Consellería de Medio Ambiente

Fonte: web Consellería de Medio Ambiente

Cando parecía que o proceso escuro e sin participación, con altas doses de mentira por parte do Goberno Municipal, ía dar rematado, asistimos perplexos -que non sorprendidos- ante a publicación no DOGA da ORDE do 5 de febreiro de 2020 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ares.

Veciñas e veciños, o DOGA vén de confirmarnos a proba de que o “paripé” de sinatura do PXOM entre Julio Iglesias, Alcalde de Ares e Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda foi unha auténtica farsa. A enésima mentira dun plan que aínda non é tal.

Atrás quedan os titulares, tanto da Consellería como do Concello de Ares  que anunciaban a entrada en vigor do novo Plan no mesmo momento da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da orde asinada. Dita Orde deixa ben claro que se trata dunha “aprobación definitiva parcial ao Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ares, con suxeición ao cumprimento das condicións” sinaladas no mesmo documento e onde “O concello deberá achegar un documento refundido que dea cumprimento ás ditas condicións“.

Deixa en suspenso, ademáis, dous ámbitos; Zona da Punta da Pena, desde a avenida dos Castros-rúa Regueiras ata o mar e o Núcleo Rural de Seselle onde o Concello introducirá as correccións necesarias, e tras da súa aprobación plenaria, solicitar novamente a súa aprobación definitiva.” 

Esto non está rematado, por moito paripé mediático interesado entre o Alcalde e a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia. Non nos sorprende a falta de ética e respecto á veciñanza, á cal nos teñen acostumados -por desgraza- Goberno Municipal e Xunta, moléstanos que se adiante o entroido, unha festa que sacada do seu contexto resulta indignante e insultante.

Podes consultar a publicación da Orde aquí.

Share Button