Ana Pontón en Ares (2011)

Ana Pontón en Ares (2011)

O anuncio das vindeiras eleccións ao Parlamento Galego, debuxa unha situación sinxela; continuidade ou cambio.

Nada está decidido e todo queda por escribir. A pesar de que non son unhas eleccións presidencialistas, todo xira arredor dos candidatos e candidata e aí é onde poño o foco.

Alberto Núñez Feixóo; acusa o cansando e a falta de políticas que signifiquen o avance do país. Seu goberno comeza a ver as consecuencias de políticas sin foco de atención en Galicia: Emigración, retroceso no uso do galego, precariedade nos servizos de sanidade, dificultade económica nas familias, despoboamento e abandono do rural ou desatención dos recursos produtivos por terra, mar e aire son a súa carta de presentación, a pesar do control de medios de comunicación públicos e privados.

Gonzalo Caballero; chegou coma auga de maio ao PSOE galego, non por ser un bó candidato ou mellor parlamentar, no parlamento galego non chegou a ser líder da oposición. No primeiro é a súa estrea, do segundo non tivo tempo, anque si oportunidades para despuntar. Carece de carisma, anque ten tras de si “a marca” Psoe, que poderá demostrar o que lle importa Galiza sempre e cando cumpla as condicións da axenda galega marcada polo BNG na investidura de Pedro Sánchez.

Ana Pontón; Líder e referente contrastada. Colleu o BNG no momento máis crítico da súa historia, cando se pronosticaba o peor dos escenarios. Seu carisma, amabilidade -ao mesmo tempo que firmeza-, constancia ou confianza, xunto a unha longa experienza como parlamentar, capaz de poñer contra as cordas máis dunha vez a Feixóo, cun traballo intachable a pesar dos poucos recursos humáns e doutro tipo, nunha organización de alto valor militante pero carente de apoios nos “media” fixeron realidade o máis difícil; pilotar a oposición parlamentar a Feixóo, aumentar o número de apoios nas últimas eleccións e condicionar todo un goberno do estado ao compromiso dunha Axenda Galega.

É, ademáis, a política actual de conviccións máis firmes; ela cré no país e cré que o país non ten que depender de ninguén. Chegan os nosos recursos e a nosa xente para situarnos na cabeceira das nacións europeas, faltan políticas e ela pode conducilas sin complexo nin dependencia de aparatos madrileños.

É a primeira vez na historia deste país, onde a posibilidade de ter unha muller con esta preparación e experienza, poida dirixir un goberno galego. Íso é o que se desprende das enquisas.

Situar Galiza na vangarda das políticas europeas, pasa por aproveitar a posibilidade de ter unha muller presidenta. Sería o primeiro de moitos e moi impontantes pasos para deixar atrás a continuidade, o cansanzo e as inercias de auga estanca que non permiten un fluir constante e un ar renovado.

Ana Pontón sábese elixida, seu corazón aberto ao país e ás súas xentes, fanlle aceptar tal magna responsabilidade.

Como militante alégrome que o faga, como galego; agradézollo. Porque si a Ana Pontón lle vai ben, ao país iralle moito mellor.

 

Share Button