A situación da rede viaria do noso concello sofre un progresivo deterioro, como resultado da falta de mantemento e novos investimentos nos últimos anos. De feito, existen viais nos que non se fixeron actuacións de reparación integral (máis aló de tapar as fochancas en situacións límite) desde hai máis dunha década.

Isto acontece, paradoxalmente, nun concello no que a veciñanza soporta unha presión fiscal das máis elevadas de Galiza (somos o número 20 en carga impositiva) e, no caso do imposto de circulación, o terceiro que máis paga da nosa comarca.

¿Qué aconcece, pois? Sinxelamente, que nas prioridades de gasto do goberno municipal non está á atención ás necesidades –máis ben, habería que decir, as obrigas- da veciñanza; senón investimentos que teñen máis a ver coa propaganda ou gastos superfluos.

Unha situación que desde o BNG levamos tempo denunciando, e que cúmpre resolver cun compromiso dun plan de choque na rede viaria municipal, no que figuren investimentos e prazos concretos; tal e como imos demandar nos vindeiros días para que o Pleno do Concello asuma esta necesidade xusta e urxente.

Share Button