En relación ás declaración do Alcalde nun medio de comunicación, onde anuncia que o Concello de Ares non pasou ao cobro os recibos relativos aos servizos de abastecemento, así como o Imposto de Vehículos sobre tración mecánica (coñecido vulgarmente como “rodaxe”) temos que aclarar o seguinte:

1.-Nos recibos de IVTM (rodaxe), do IBI e o Lixo, é a Deputación a administración que se encarga da xestión relativa á súa facturación. Unha vez realizado o cobro, a administración ingrésalle aos concellos -que están adheridos ao servizo- o recadado. Entre os concellos que contan con ese servizo provincial está o noso de Ares.

2.- No mes de abril, a deputación pasa ao cobro o recibo da IVTM e no mes de outubro fai o propio co do IBI. Este ano, a Deputación non pasou ao cobro os recibos a ningún Concello, pero si lles ingresou a cantidade aos mesmos.

3.- Os recibos que si pasa o Concello de Ares, son os relativos ao Abastecemento e Saneamento. Neste caso, si que foi o concello quen non os pasou, pero que tampouco deixa claro na súa manifestación, cal vai ser o método de cobro e quen se podería ver bonificado, beneficiado o condonado do mesmo. Cuestión que consideramos importante.

4.- Neste sentido, desde o BNG queremos manifestar o noso rexeitamento a dita medida.

Estimamos que debe haber bonificacións, condonacións ou fragmentacións no pago de impostos aos veciños e sectores que se están vendo afectados pola crise COVID-19 (comercios, hostalería, perruquerías, clínicas, tallers, etc.) así como tamén aos autónomos e demáis empresas, polo periodo no cal non poideron exercer a súa actividade comercial, sin que sexa esta a única medida que se deba tomar.

5.- O BNG de Ares, logo de presentar unha proposta en relación aos sectores comerciais, hostaleiros, perruquería, clínicas, autónomos, etc., na liña da bonificación da cantidade prorrogateada nas taxas, prezos públicos e imposto ás actividades económicas e profesionais, en relación ao tempo onde se lles prohíbe a súa actividade comercial, propón ao Concello a elaboración dunha listaxe de empresas e negocios afectados, de maneira que dita condonación
ou bonificación, sexa aplicada de oficio, sen que teñan que ser os afectados os encargados de xestionar e reclamar dita medida.

Share Button