No pleno de hoxe 14 de Xullo, (urxente e extraordinario), aprobóuse -cos votos a favor de PSOE e NAL, co voto en contra do PP e coa abstención do BNG- a ordenanza e taxa fiscal do estacionamento, pensada para dar solución as medidas de control e acceso ás praias derivadas do COVID-19.

Tal e como manifestamos no debate plenario, o citado texto adoece dun necesario debate previo ao respecto da ordenación e mobilidade urbán, como propuxemos nas nosas primeiras medidas durante a pandemia, así como dun traballo de campo sobre vehículos, residentes e visitantes, para saber o alcance desta medida.

A ordenanza faculta á Xunta de Goberno Local para modificar as taxas así como as distintas zonas de aparcamento, imposibilitándonos as suxerencias, o debate e a toma de decisión nunha clara mostra de negar a pluralidade representativa.

Establécense tres tipos de estacionamento (zona blanca, azul e verde), sendo a verde a correspondente a residentes -con varios subtipos- a azul de pago e a blanca que será libre. Inclúense dentro dos residentes aqueles que non pagan a ITV -imposto da rodaxe- en Ares, situación que cuestionamos, ao ser un imposto municipal que axuda á inversión en mantemento do viario municipal.

Relaciónanse tamén os tramos, tarifas e vixencia dos diferente tipos de estacionamentos. Mañás de 11 a 13; 1 €, tardes de 17.00 a 19.00; 1 €, e día completo; 2 €., entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O goberno non ten claro a canto vai ascender o gasto, pero estima que non baixará dos 40.000 €, entre a app, a colocación das sinalizacións, adecentamento de aparcamentos disuasorios, etc.

A presente Ordenanza entrará en vigor estes días, coa súa publicación no BOP.

 

Share Button