Estado da fonte Bulleiro en Lubre.

Emilio Mesías Farías, concelleiro-portavoz do GM do BNG no Concello de Ares, mediante a presente e como mellor proceda,

EXPÓN QUE:

Nos últimos tempos estamos a observar como as fontes e lavadoiros públicos sufren un total abandono en canto coidado e mantemento. Especialmente grave é o estado da fonte de Bulleiro, en Lubre, onde houbo un desprendemento de parte da súa estrutura, expoñendo á xente a un perigo de accidente.

Este grupo municipal leva reclamando dende hai ben anos, a importancia de coidar, manter e conservar as fontes e lavadoiros públicos, así como realizar unha limpeza dos ríos, cuestión que están a facer -nalgúns casos- particulares e asociacións.

Ademáis diso, cómpre actualizar a base de datos referentes aos elementos antes descritos, co seu estado actual, para planificar un programa de mellora e actuación.

Por todo o cal, PROPOÑEMOS

1.- Que os servizos municipais elaboren un dossier sobre fontes, ríos e lavadoiros, co seu estado actual e necesidades de actuación para mantemento, coidado e conservación.

2.- LImpeza e mantemento inmediata nos casos máis graves, como o mencionado anteriormente.

2.-A publicación dun mapa na web municipal coa localización, denominación e características de cada elemento, incluíndo unha fotografía, para poñer en valor os recursos naturais e sensibilizar á veciñanza da súa importancia, posibilitando a achega de novas aportacións por parte desta.

En Ares, a 19 de Xullo de 2020

Asdo. Emilio Mesías Farías Concelleiro-Portavoz do GM do BNG no Concello de Ares

Share Button