No pleno do mes de Maio, notificamos ao goberno municipal sobre a necesidade de desbroce das vías provinciais (Ares-Redes; Ares-Chanteiro e Cervás-O Baño).

A día de hoxe, o seu estado é aínda peor, cuestión que implica un alto risco para o tránsito de vehículos e peóns.

POR TODO ISTO REITERAMOS A SOLICITUDE:

1.- Que o Concello de Ares, se dirixa á Deputación Provincial para que realice con urxencia o desbroce nas citadas vías, coa finalidade de garantir a seguridade das mesmas.

En Ares, a 29 de Xullo de 2020.

Asdo.: Emilio Mesías Farías

(Concelleiro Portavoz do GM do BNG no Concello de Ares)

Share Button