A Candidatura Persoa a Persoa: Ana Riveira

Ana Riveira Roca (58 anos, Cervás, traballadora no ámbito dos servizos sociais ) leva tempo e esforzo adicados ao traballo do nacionalismo en Ares. For como candidata noutras eleccións municipais, ou desde hai tempo como membro do Consello Local do BNG, acumula experiencia e capacidade para este proxecto común, agora renovado e ilusionado, que é o BNG de Ares.

Durante anos, Ana foi unha persoa moi activa no ámbito asociativo, concretamente dentro da Comisión de Festas de San Pedro de Cervás. Sabe, pois, o que é patear os camiños, falar coa xente, organizar…Preocupada polo futuro, pero tamén polo pasado, fálanos da creación dun Departamento Municipal da Historia Local, dirixido a recuperar e pór en valor os documentos históricos que existen no arquivo municipal, nun proceso de catalogación e dixitalización que permitan a súa consulta, ben sexa nas instalacións municipais ou na rede.

Para complementar esta tarefa, Ana fala tamén de procurar achegas – ben sexa de entidades ou particulares – de fondos documentais e audiovisuais relacionados coa historia de Ares e as súas parroquias; que moitas veces fican gardados nos fogares, e que mesmo nalgún caso corren perigo de desaparición. Un proceso que, por certo, xá se está a facer por parte dalgunhas persoas na rede, pero que é preciso organizar e poñer en valor desde a institución municipal.

Dun xeito especial, Ana reitera a urxencia de abordar unha das cuestións que foi e é bandeira na actuación do nacionalismo en Ares: a elaboración dun Plan de Usos para o Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro. Fala do intenso e longo traballo feito polo BNG desde as institucións – o concello, o Congreso dos Deputados e o Parlamento Galego – e tamén do compromiso acadado no ano 2008 desde a Consellaría de Cultura ( dirixida daquela polo BNG ) coa elaboración do Plan Director das instalacións.

Lembra que esta presión constante levada polo BNG foi a que provocóu que o  actual grupo de goberno se vise obrigado a reforzar os coidados e mantemento das instalacións, superando o abandono e deterioro que éstas viviron co anterior goberno municipal. Pero Ana é moi crítica tamén co feito de que nestes tres últimos anos non se aproveitase o traballo feito desde a Consellaría de Cultura, para concretar un verdadeiro Plan de Usos; cando o vindeiro ano remata o convenio vixente co Ministerio de Defensa.

Non é de recibo, afirma, que cada día se fale dunha proposta diferente para as instalacións: que se complexo hostaleiro, que si residencia…..; cando a día de hoxe nen siquera se ten constituido unha fórmula ( consorcio, ou similar ) na que se aclare, ao marxe do futuro das instalacións, as achegas concretas que deben de facer ao proxecto de rehabilitación o Goberno Central, a Xunta, ou mesmo outro tipo de entidades. Ana entende que non é normal que sexa o concello en solitario quen acometa as labores de coidado e mantemento das instalacións, cando éstas son propiedade do Ministerio de Defensa. A renegociación do convenio é, pois, urxente e necesaria. E aí o BNG empregaráse, como fixo sempre, a fondo.

 

Share Button