Silvia Fernández Paz (35 anos, Cervás, auxiliar de axuda a domicilio ) é, ao par que veciña e amiga, compañeira de privilexio nesta ruta que estamos a navegar desde hai meses as persoas que formamos parte do BNG. Digo de privilexio, para mín claro, porque ela xá repite na candidatura. Hai catro anos tomóu a decisión de implicarse activamente na cousa pública e desde aquela deixoulle ao BNG de Ares moitas horas de traballo, e non para…..

Silvia ten nos problemas da xente – especialmente, nos referentes aos temas sociais – unha poderosa motivación que a fai estar práticamente as vintacatro horas do día pensando en mellorar as cousas; especialmente en momentos como o actual, onde a situación de crise ( que provocaron os mesmos de sempre, e que tamén sempre pagamos os mesmos de sempre ) se ceba cos sectores máis desfavorecidos: mulleres, parad@s, dependentes, persoas con discapacidades, etc…..

E fala ( porque o coñece en primeira persoa ) da necesidade de reforzar, precisamente nestes momentos, as políticas de servizos sociais e facelas accesíbeis a toda a cidadanía. Asegura que a apertura do Centro de Día é, ao marxe dunha imperiosa necesidade para os nosos maiores, un acto de dignidade. Non se pode consentir que unhas instalacións que están rematadas desde hai práticamente un ano, fiquen pechadas a cal e canto; mentras moitos dependentes do noso concello non teñen a asistencia suficiente.

Silvia comenta a necesidade dunha reestruturación do actual Servizo de Axuda no Fogar, ampliando a plantilla, garantindo a formación contínua do persoal e, sobor de todo, fixando con claridade os criterios obxectivos do Departamento de Servizos sociais á hora de dar resposta inmediata ás demandas realizadas polas persoas consideradas grandes dependentes. Estamos a falar, en definitiva, de ampliar e dotar ao servizo a outras necesidades en relación coa comunidade: acompañamento a xestións, habilidades sociais e, en definitiva, unha maior dotación para a autonomía persoal.

En relación co anterior, falamos tamén de reorientar o actual Centro de Maiores para que o mesmo funcione non só como un punto de encontro, senón fundamentalmente como incentivador de actividades e mellora da calidade de vida, por exemplo, baixo o formato dunha Escola de Envellecemento Activo; con obradoiros, expresión corporal, ximnasia, iniciación á informática, etc…Silvia comenta, por exemplo, a importancia de promover – dun xeito permanente – un traballo colectivo destinado a recuperar a memoria histórica das persoas maiores de Ares. Outravolta, recuperar o pasado para construir o futuro…..

Silvia insiste en promover un Plan de eliminación de barreiras arquitectónicas dirixido a persoas con mobilidade reducida, que se achegue a todas as parroquias. Integrar e fomentar a autonomía persoal das persoas dependentes é, en definitiva, un compromiso persoal; pero sobor de todo un compromiso político da súa organización: o BNG.

 

Share Button
 

Comentarios pechados.