Aumenten a velocidade que Facenda deixa de ingresar

de volta e reviravoltaEste debeu ser argumento de peso, para que o Consello de Ministros do Goberno español dé por finalizada a medida que limitaba a 110 Qm/h. a velocidade que volverá ser de 120.

Entre as bondades que se explicaron para xustificar o cambio a 110 estaban; “menor gasto en consumo, menor contaminación e menor risco”.

Agora como o barril de petróleo está máis barato -anque eu non o note no prezo do carburante á hora encher o meu depósito-, xa non temos problema.

Porque se non hai consumo alguén deixa de ingresar. Según as pretensións do Goberno, Facenda deixaría de ingresar no periodo dun ano a cantidade de 122 millóns de euros.

Non importa xá a contaminación, os riscos e o consumo, porque o motor deste sistema capitalista é precisamente o consumo; Hai que consumir. Por favor non aforren. Facenda somos todos…

Share Button