A Canle BNGAres TV

O BNG de Ares coas novas tecnoloxías de Información e Comunicación.

No día de hoxe, penduramos na nosa canle de youtube, a comparecencia que fixemos co gallo da Sesión Extraordinaria do 15 de Xullo de 2011. (Cliquea eiquí para ver)

Dende o BNG de Ares apostamos pola utilización das novas tecnoloxías de información e comunicación no noso traballo, xa que nos permite achegar a nosa información directamente – e non mediante intermediarios, que moitas veces desvirtúan a mensaxe-  ao conxunto da veciñanza.

Nesta comparecencia, damos conta do celebrado no pleno extraordinario do 15 de Xullo e da nosa postura ao respecto dos puntos tratados.

Tamén informamos das iniciativas e peticións presentadas no Concello de Ares polo noso Grupo Municipal, unha relativa á Caseta de Turismo e outra ao respecto da utilización dos medios telemáticos no traballo diario municipal.

No que respecta ao pleno extraordinario, presentamos unha enmenda ao punto 7 da orde do día: “Proposta e organización das Comisións Informativas e Especial de Contas”, baseado en tres puntos: 1º Coherencia entre as áreas. 2º Reparto xusto entre o nº de concelleiros por comisión ao respecto da porcentaxe que representa cada grupo no Pleno, e 3º: Aforro económico ao pasar de 6 comisións mais a de Contas, a 5 mais a de contas.

O resultado da votación da enmenda foi: Votos a Favor=2 (BNG), en Contra=6 (PSOE), Abstencións=5 (PP e NAL). Saíu adiante a proposta da Alcaldía con 6 votos a favor (PSOE) e 7 Abstencións (PP, BNG e NAL).

As sesións plenarias celebraranse o último Xoves de mes ás 10 da mañá.

Share Button