“Defendemos a plaza e salvamos o palco!”

Non deixo de estar sorprendido do contínuo veleno informativo que sae últimamente do “Gabinete de Propaganda” da entidade municipal. Refírome ao titular do Diario de Ferrol “Descartan trasladar el palco de la música, que ahora será rehabilitado por el Concello” (10 de Xaneiro de 2012).

Un titular claramente (mal) intencionado, que pretende dar carpetazo a un asunto –o principal- moito máis profundo do que pensamos, unha nota dirixida claramente a desviar o acontecido nos dous últimos meses e dar outra versión dos feitos, cun ánimo –agora si- (ben) intencionado de “salvar os mobles” por parte do Alcalde e do Grupo de Goberno (PSOE).

Por iso quero aclarar que o acontecido, é revelador da maneira de traballar de quen goberna;

O proxecto definitivo da obra, xa o temos dito, aprobóuse en Comisión de Goberno no mes de Setembro de 2011. O citado proxecto non incluía “traslado do palco”, xa que incluía –e así está escrito- a “demolición”.

“As propostas” que o Alcalde repartíu “polos bares” non tiñan nada que ver có proxecto xá aprobado, en tal caso serían unhas “modificacións ao proxecto definitivo” que era unha das reivindicacións que pediamos dende o BNG e que foi respaldada en
dúas mobilizacións por unha parte da veciñanza aresá, e tamén hai que dicilo, de diversa procedencia ideolóxica. Claro que para iso había que recoñecer que o BNG estaba no certo cando constataba o feito (demolición aprobada sobre un símbolo que ten a súa historia e que pertence á memoria colectiva).

Pero aínda son máis pobres, ou perigosas según se miren, as razóns que se dan ante o cambio de decisión; “cuestiones afectivas, vinculadas a su infancia” (á do Alcalde)… que vén ser algo así como “lo rehabilito porque me trae buenos recuerdos”. Como se fose del o palco!.

Tembla o património que non tivo a sorte de ver xogar ao seu redor, a tan alumeado neno…

Aínda así, felicitámonos por este cambio de decisión e agradecemos as mostras de apoio ás nosas iniciativas. Só queda que algún día o alcalde recoñeza –non é pedir tanto- que o BNG leva razón cando di que o proxecto da obra non pasou por comisión
informativa nin por pleno, cuestión que apuntamos na primeira nota de prensa, xa que entendemos que o tema debería informarse e debatirse entre os representantes da veciñanza. Seguiremos atentos a como acontecen as obras.

Share Button