afogh@res: O novo plan do PSOE para dotar de abastecemento a Cervás

Contra o plan “afogh@res”, só quedan as iniciativas do BNG en comuñón coas demandas da veciñanza. Aí estaremos sempre.

Moito se falou de fútbol en días pasados e moito máis se falará en días vindeiros. O feito de que a nosa terra dispoña de dúas equipas na Primeira División na vindeira tempada, evidenciou e suliñou, para moitos e moitas, a realidade de que estabamos en segunda.
Este símil vén a colo da situación na que se encontra a Parroquia de Cervás ao respecto do Proxecto de Abastecemento. O feito de que haxa un proxecto de abastecemento a Chanteiro, cuxa obra estábase a levar a cabo en datas pasadas e que tal proxecto non incluíse o servizo á veciñanza de Cervás, pón de manifesto e acentúa unha realidade que salta a primeira liña dos “Top Tweets rurais” e que verdadeiramente  atopan unha resposta na constatación de que, para o goberno do PSOE, a veciñanza de Cervás sigue sendo de segunda.
Non son poucos os anos nos que -dende o BNG- levamos batallando para dotar de servizos e atención continuada ás parroquias. As nosas campañas como as de anos anteriores, ao respecto dun mantemento máis continuado da rede viaria, do desbroces de camiños, etc… fáinos sentir como ese dorsal número 12 que nunca abandona á súa xente, é por iso tamén polo que a nosa organización e o noso grupo municipal traballa arreo dia a dia poñendo de manifesto e reclamando que se actúe sobre destas eivas que constatamos e das cales os veciños e veciñas de Cervás nos falan en cada encontro.
No pleno ordinario do mes de Abril, dende o GM do BNG, presentamos unha moción ao Pleno, que sería aprobada por unanimidade dos grupos na cal se acordaba:
1.‐ Elaborar con carácter urxente o proxecto técnico que permita complementar as actuacións que se están a levar a cabo para o abastecimento de auga a Cervás, executando as arterias correspondentes para a conexión á rede en todos os lugares da parroquia.

2.‐ Articular no seo da Comisión de Facenda os mecanismos que permitan a procura do financiamento para a execución da obra con carácter urxente.

Lamentablemente, e logo de pasar xa a oportunidade de estudar o segundo punto na comisión de Facenda, estamos novamente ante a constatación do feito apuntado anteriormente; para o Goberno Municipal do PSOE-NAL o tema do Abastecemento de Auga a Cervás non é unha prioridade porque non entenden que Cervás poida ser “de Primeira”.

Pero a esto hai que sumarlle o silenzo como resposta de quen non actúa, como no xa sabido “a perro flaco todas son pulgas”, ante unha pregunta presentada polo noso Grupo Municipal, que recollimos nos encontros veciñais que realizamos polas parroquias no mes de Maio, ao respecto do estado actual das obras que se están a levar a cabo, a saber:

1. Tén o concello coñécemento do estado no que se atopa a obra e si se van a cumplir os
prazos de execución?
2. Sábese a que se debe a parálise que evidencia o estado da obra?
3. Que medidas ten pensado tomar o concello para velar pola seguridade viaria das
veciñas e veciños?
A facultade musical da escoita e da actuación que temos no BNG ao respecto dos problemas dos veciños e veciñas, parece non atopar homes e mulleres nas filas do PSOE cuxa presenza na parroquia fai que o silenzo sexa acentuado e a non actuación sexa consecuencia do que non se tén preparado.

Aínda así, seguiremos traballando para que Cervás sexa considerada “de Primeira” e non “Deprimida” como quere o goberno municipal psonalista.

Ver documentos adxuntos

Share Button