O BNG urxirá á Deputación o compromiso para a execución das obras de ampliación da estrada Ares-Chanteiro

O deputado provincial do BNG, Xesús Soto Vivero, visitou as obras acompañado do Grupo Municipal do BNG

O Deputado Provincial do BNG, Xesús Soto Vivero xirou visita á zona de Chanteiro onde, acompañado polos membros do Grupo Municipal do BNG, tivo  información de primeira man a respecto da situación da estrada Ares-Chanteiro  – pertencente á rede de estradas da Deputación – e da urxencia de abordar por parte desta institución as prometidas obras de ampliación desta importante via de comunicación.

Hai que lembrar que desde o ano 99 – no que o BNG tiña feito xá unha demanda formal á Deputación para a execución das obras – ata o dia de hoxe sucedéronse multitude de iniciativas por parte da nosa organización que levaran a que, finalmente, se procedese – cando o BNG formaba parte do goberno da institución provincial – á realización do proxecto e á inclusión do mesmo no plano plurianual de vias; cun orzamento que se achega aos dous millóns de euros.

Hai agora xustamente un ano, a institución anunciaba a expropiación dos terreos para a execución das obras; proceso no que índa estamos actualmente. Ademáis, existía un certo compromiso para que as obras desen comezo no momento no que a Xunta procedese á execución das obras de abastecimento a Cervás – que irán xustamente no trazado da estrada – para evitar ter que levantar logo o firme. Estas obras están agora en execución, polo que a previsión de contratación do proxecto da estrada por parte da Deputación deberían de ser unha realidade para o vindeiro ano.

Precisamente, arredor desa reivindicación, o deputado do BNG comprometéuse a facer nesta mesma semana as xestións perante a
Deputación para saber da situación actual do proxecto expropiatorio e, sobor de todo, para acadar o compromiso político de que o proxecto teña consignación nos orzamentos da institución para o vindeiro ano; permitindo a contratación efectiva do proxecto e a contratación do mesmo.

Share Button