Rajoy é a España o que Julio Iglesias é a Ares

Non se trata de buscar “certas similitudes”, mais ben o que se trata é de poñer sobre da mesa as “similitudes que son certas” entre ambos personaxes que -salvando as distancias- coinciden no tempo de gloria, na capacidade innata de facer o contrario ao que dín ou escriben sen poñerse colorado e na xustificación das decisións tomadas por medio da frase recurrente de quen, non tendo recursos, abraza “o simplismo” sabendo que a mecánica propagandística actual permite dirixir a idea de “por el bien del pueblo” hacia unha sociedade que troca “o” por “u” por obra e gracia do sistema de “estómagos agradecidos” e “resignación” sen decatarse (ou si) do perigo que esto entraña.

No Diario de Ferrol do dia 13 de Xuño, Iglesias escribía “Sobre la Soberanía” título que, tras ler o artigo completo e coñecer a súa forma de mandar (que non de gobernar), tórnase en “Soberbia á carta” como se o seu inconsciente se desquitase do tan contínuo “dicir e facer, distinto é”.

Que diferenza hai entre que Rajoy pida, e se lle conceda, un rescate de moitos miles de millóns de euros para alimentar á Banca e que o noso Alcalde se amarre a un crédito de centos de millóns de pesetas que, alimentando á banca, supón suba de taxas, suba de impostos, recorte nos servizose e hipotecar o futuro de Ares?

Que diferenza hai entre os acordos PSOE-PP da anterior lexislatura, para amarrar este sitema económico que vimos lastrando de hai anos e que nos levou eiquí, como a unha parada, pero non sabemos a onde nos vai levar como destino e as políticas de descontrol no gasto e de “estómagos agradecidos” do pasado mandato municipal socialista para amarrar unha maioría absoluta que agora ten con NAL?

Cando Julio escribe no seu artigo “…de que la política ha sido secuestrada por los depredadores económicos…” debera engadir “á cal eu -como alcalde de Ares- alimento ao sumarme ao RD 4/2012…” por exemplo, ou esta outra frase de “…las reglas de la jungla se han instalado definitivamente en nuestras rutinas, decidiendo que solo sobreviven los más fuertes de acuerdo con un nuevo darwinismo social…” sopoño que se referirá á politica de contratación laboral que fai o seu grupo de goberno no Concello de Ares (enchuf@res) á cal el mesmo xustifica dicindo que “Cendán hacía lo mismo” o que se referirá ás reglas da xungla instaladas na elaboración do PXOM onde “xunglas son fincas” e depedradores son asesor administrativo, grupo de goberno e concelleiro delegado, poñendo de manifesto que a versión orixinal de “darwinismo” tradúcese en Ares na versión local de “julicendanismo”.

Pero aínda é máis cando salta o seu acentuado ego persoal querendo estar presente tamén no bando que suxire “Por ello, o nos rebelamos en defensa de la soberanía popular…”,  el mesmo que  debera recoñecer que as súas políticas (de Iglesias e Rajoy), son “…incapaz de estar a la altura, dominando y sometiendo los poderes económicos al interés general…”, mágoa que non se dé conta de que os políticos que sobran son os que non ven a realidade, fantasean coas súas decisións e pensan que eles e só eles, están –como a banca- por riba dos mortais puidendo apretar aos de abaixo (o pobo) e afloxar aos de arriba (poderes económicos).

Porque se antes había “…militares e agora técnicos”, agora é de doutores a mesma política municipal que antes era dos “popul@res”, os mesmos que ten el no seu goberno encuberto.

Para ver publicación á cal se refire o artigo, clique eiquí

Share Button