De fútbol, sentimentos e outras xogadas

Recén pasada a febre do triunfo de “la roja”, e cuxos brotes aínda colean para gloria e gracia de medios de comunicación, con sede de poder dicir algo que sexa leído polo común dos “non informados”, un repara na habilidade de certos politicos e “clown-lumnista” para casar fútbol con “raza”.

É común escoitar e ler destes iluminados frases como “España cuando está unida, puede”, como se España estivese rota, ou esta outra de “los españoles están orgullosos de su selección” como se a selección formase parte de todos eles, no sentido de que son os españois os que elixen aos xogadores mediante sufraxio universal, libre e directo.

Levar fóra do campo deportivo, da propia competición e do xogo, o feito de que os afecionados ao fútbol –e aos deportes en xeral- sintan, vibren e celebren as victorias e logros dunha selección de xogadores, dunha liga que se xoga a nível estado, é querer xustificar un feito -o político- que nada ten que ver có xogo, nin coa competición, porque ademáis se trasladásemos esa realidade –a da selección de fútbol- decatariámonos certamente que “grazas” a “independencia de xestión” dos distintos clubes de fútbol, Del Bosque pode contar cós mellores xogadores, porque son os clubes e non a Federación Española de Fúbol Profesional quen forma, ficha e promociona aos xogadores que demostraron ser os que mellor xogan en conxunto.

Ou dito doutro xeito, é como se Galiza poidese negociar directamente con Europa os acordos de pesca que nos afectan, os do naval, os do sector leiteiro, a gandeiría, etc…, claro que neste caso os “unitarios” ou sexa os “centralistas” non son de selección de nacións, porque nesto da organización territorial non está permitida a “federación” da realidade plurinacional ou a independencia dos “clubes históricos” mentres se funden os diñeiros en subvencionar organismos provinciais e que son un freno para que os “clubes de primeira” xestionen mellor e que a “federación” poidese recoller os froitos sementados, como no fútbol.

O das bandeiras, camisolas, cánticos, etc… forma parte da lóxica identificación dos seareiros coa súa selección deportiva e non có sentimento nacional que pretenden os “centralistas”, porque os deportes son tamén espectáculo  –sobor de todo a este nível- e que como tal é tratado.

Aos que nos gusta ver deportes de competición tanto en grandes eventos; mundiais, olimpiadas, eurocopas,etc… como nas pachangas de rúa que adoitabamos facer no “Parque” cando a rúa Real era dos veciños, esa prolongación do fogar, ou nos campos de Lubre, Cervás, Seselle, etc… naqueles anos mozos, cáenos ben esto de que o equipo da Federación Española de Fútbol, formada pola realidade futbolera territorial, que non centralista, sexa a que faga o mellor xogo, porque ao cabo “fútbol é xogo” e o demáis é “Pantomima”.

Share Button