O 25 de Xullo e a posibilidade de atopármonos

Ler o “Alba de Groria” de Castelao é alimentarse da terra có corazón. É abrazar á nosa Galiza e bicala. Hai, na “Alba…”, en cada parágrafo e en cada verso, unha manchea de bolboretas a reloucar nunha paisaxe –a nosa- que fai realidade un feito; que “somos”.

Por iso dende hai xa moitos anos, os fillos da Galiza –desa muller que nunca nos deixou sós e á cal nós nunca abandonaremos- exteriorizamos e manifestamos ese rebulir do corazón que nos namora desta nosa terra. Tal é o acontecemento que sucede cada 25 de Xullo, o Día da Patria, no cal a nosa nai Galiza ábrenos os brazos para que sintamos a calor do berce (a orixe), sempre presente, e desta vez ademáis, celebrada.

Para nós, para os que “Somos”, non hai festa da exaltación máis grande que rinda homenaxe á orixe, ao feito e á realidade. Unha realidade con presenza de homes e mulleres de sorrir amplo e miradas namoradas hacia o horizonte, cuxa praza máis emblemática, para os que “estamos”, é a da Quintana.

Hai anos que descubrín, no 25 de Xullo, o feito “do conxunto” gozando dunha realidade, “a nosa”, de encontros con compañeiros e compañeiras vidos de toda Galiza, “a terra”.

Este 25 de Xullo será, se cabe, máis importante. Hai forza “nos que estamos”, hai gañas de celebracións e de poder mostrarnos orgullosos “en bloque”.

Ese día reivindicaremos o noso e protestaremos contra as políticas que están a facer os gobernos de dereitas, tanto na central –Madrid- como nas súas sucursais –Santiago, etc…-

Este ano, no cal o Conde xa non Roe, mostraremos a cara que nos identifica: a do Compromiso, a do amor á nosa terra, a do noso feito diferencial e a da coherencia.

O 25, os galegos e as galegas, temos a ocasión de atorparnos con nós mesmos en Compostela. O 25, como todos os anos, a festa é nosa.

Share Button